Pendiente de resumen
Pendiente de resumen
Publicado en Non classé | Deixar un comentario »
Partido facil, e para disfrutar, así o mostra a nosa ampla victoria ante un equipo que estaba un posto por encima de nos.
O partido comezamolo dominando e así poñéndonos 0-2 por diante no marcador.
O primeiro sería do noso dianteiro Riki que tras unha xogada na que se entenden moi ben Mejuto e Rubén, este dalle un pase a Riki que remata a porta de xeito fácil.
O segundo tanto podemolo clasificar como un golazo, de Serxio, que tras unha xogada que comeza Oro no medio campo, asiste a Rubén cun pase espléndido en largo, que tira, e no rechace Serxio dende a frontal pegaríalle espléndidamente e meteríao por toda a escadra e imposible para o porteiro.
Ata o minuto 15 o equipo local non foi capaz de chegar a nosa área pero na primeira chegada, o noso defensor comete unha falta, que eles materializarían de tiro directo despois de petar no largueiro e de seguido na man do noso porteiro.
Pero o noso equipo non se durme, e Césas ( moi ben en todo o partido) colle un balón no medio do campo e chega ata a linea de fondo despois de recortar a catro xogadores e deixando a outro na banda, este asiste a Oro que chega moi ben, e cun movemento moi bo, tira raso e faría o 1-3.
Antes do descanso outro pequeno erro no medio do campo, que confunde os nosos centrais, aproveitao o dianteiro rival para facer o 2-3, co que se iría o descanso.
A volta do descanso, o noso equipo deu un recital de goles. O cuarto sería outro de Riki; que marchou con dous goles para a casa, tras unha asistencia de Mejuto, Riki avanza na área e mete o gol nun tiro raso polo pao largo do porteiro.
Con este gol, que daba unha tranquilidade, facía que Jose fixera cambios e metera a Cristobal por Riki e a Casares por Mejuto.
O proximo en marcar sería César, que merecía o gol, tras o bón partido que fixo, incrible a súa velocidade pola banda.
O próximo gol sería para os locais que meterían o último cun bo tiro dende fora da área, no que o noso porteiro so puido mirar como entraba.
Despois sería Casares, que tras unha asistencia espléndida, materializa o sexto gol.
Pero inda faltaba o sétimo e definitivo tanto que sería obra de Stefan, que entrou por Rubén, que tras asistencia perfecta de Cristobal, quedaría diante do porteiro e bateríao sen problema.
Hai que resaltar tamén unha moi boa actuación de Oro no mediocampo levando o peso do equipo. E tamén unha boa defensa que axudou moito, sen quitarlle merito os dianteiros, sobre todo Riki que aproveitou con dous goles a súa titularidade.
A mancha do partido poñería Serxio, que tras un rifi-rafe cun xogador contrario por unha patada no peito, faría que Serxio lle levantara a man cun xesto amenazante, o que provocou a expulsión inmediata. E non contento con esto, insultaría o árbitro.
Despois de esto, un partido para o disfrute que fai que sumemos outros tres puntos, e poidamos ir mirando cara arriba na clasificación.
Titulares: Silva, Carballo, Isak, Juan, Costa, Serxio, Oro, Rubén, César, Mejuto e Riki.
Tamén xogaron: Cristóbal, Casares, Stefan, Joaquin( Carballido) e Stefan.
Mellor xogador: Rubén
Publicado en tempada 09/10 primeira volta | Etiquetado san marcos-golada | Deixar un comentario »
Partido no cal os xogadores rivais tiveron unha confusión no horario. Eles pensaban que o partido era pola tarde, mentres que o partido estaba posto pra xogar as 12 da maña no campo “ Nova Zaorra” (Santiso).
Veremos o que pasa con estes tres puntos, os cales o noso equipo conta que no los dén, xa que eles non acudiron o encontro,
Publicado en primeria volta | Etiquetado golada-esquio | Deixar un comentario »
Despois o noso equipo tería ocasións de gol, pero errou a hora de definir ou foron paradas polo porteiro rival.
Entre elas a mais clara serías un tiro de Mejuto que regatea o defensor e pégalle forte abaixo, e no rechace Dieguiño chega mais tarde que o defensa local.
Tamén habería outra na que se formaron un barullo Rubén e Mejuto na frontal, e ningun tirou a porta.
Despois de máis ocasións, nas cales aportou axuda a xente entada dende o banco, sobre todo Casares.
O noso entrenador foi polo empate e meteu a un dianteiro (Riki) por un central (Juan) e xogar cun so central, pero non poido ser.
Ao final houbo un principio de “tangana” entre os nosos xogadores e os rivais, pero calmáronse os ánimos.
Marcador axustado, no cal o xusto para os dous equipos era un empate, pero perdeuse 1-0, despois dunha racha de tres partidos sen coñecer a derrota.
Titulares: Silva, Isak, Carballo, Juan, Tarrio, Oro, Sergio, César, Rubén, Dieguiño e Mejuto.
Tamén xogaron: Xurxo, Casares, Riki, Friufe e Stefan.
Mellor xogador: Oro
Publicado en tempada 09/10 primeira volta | Etiquetado cordeiro-s.dgolada | Deixar un comentario »
Seguimos polo bon camiño, e oxalá sigamos un montón de tempo, esta vez con outra victoria que nos permite ascender un posto, xa que era un rival directo.
No comezo do partido, como de costume, empezamos tendo nos o balón, e creando claras ocasións de gol.
Pero o gol non chegaría ata polo minuto 28, que tras unha xogada de César pola banda que este intenta internarse na área, sería derribado polo lateral contrario.
Este penalti materializaríao Mejuto, cunha dedicación especial a seu avó, xa que facia un ano da súa morte.
O noso equipo seguiría creando ocasións, pero os visitantes tamén terían algunha ocasión clara, que entre a nosa defensa e o porteiro (Silva) conseguiron evitar. Ainda así oo noso equipo tamén gozaría de claras ocasións.
A sequnda metade, foi moi dura a canto faltas se refire, e que acabou cunhas cantas tarxetas e un expulsado pola parte dos visitantes, o que fixo poñer o colexiado moi nervioso, ata o punto de ameazar con suspender o partido.
Pero ainda así, o noso equipo poñería o 2-0 no marcador.
Este tanto marcouno Rubén, esta vez xogando de interior, que tras unha xogada que arranca no medio do campo, hai que salientar unha xogada que arranca no medio do campo, salientar a actuación de Serxio e Oro no partido, que lle da un balón a Casares, este a César que asiste a Rubén para que puxera o 2-0. Casares entraría anteriormente por Mejuto no min. 15.
Antes destas ocasións o noso equipo tería outras boas ocasións nas botas doutros xogadores, sobre todo de Mejuto que erra inconscientemente ocasións claras de gol.
Mais tarde chegaría o gol da tranquilidade, esta vez por parte de Costa, que materializa un penalti feito a Casares, que o metería sen problema, e sumaría o seu 4º gol o casilleiro persoal.
Chegando o final do partido, os visitantes marcarían o gol da honra, outra vez de penalti, que esta vez fixo o noso xogador Stefan ( César min 35)
O final do partido, calro resultado a favor, que nos dá moito ánimo para sair dos últimos postos.
Titulares: Silva, Juan, Costa, Tarrio, Isak, Oro, Serxio, César, Rubén, Mejuto e Cristóbal.
Tamén xogaron: Casares, Riki, Stefan e Dieguiño.
Mellor xogador: Isak
Publicado en tempada 09/10 primeira volta | Etiquetado golada-dodro c.f | Deixar un comentario »



