Partido bonito,bañado pola choiva, e no cal se nos escapou unha victoria por fallos tontos a hora de despexar os balóns da área.
O partido comezou, e nada mais comezar o noso equipo dominou nos primeiros 30″, o que lle valeu para poñerse 0-2 por diante no marcador.
O primeiro gol foi de Mejuto, que tras un bó balón quitando polos mediocentros, fixeron un bo partido, dáballe un pase a Mejuto para que este lle pegara dende fora da área e lla colara polo pao dereito do porteiro.
Despois sería Serxio, que tras unha falta sacada por Oro dende un lado da área, aproveitariao para rematar de cabeza impoñendose aos defensas locais e faria o 0-2 no marcador.
Antes do descanso un balón que se lle escapa o noso porteiro das mans, e un mal despexe da defensa, que se durme a hora de sacar o balón, rouballo o dianteiro local para poñer o 1-2 no marcador.
A volta do descanso os locais dominarian case todo o partido, xa que incorporaron homes o medio do campo, e sobre o minuto 15 poñerían o empate no marcador cun remate de cabeza, tras un fallo do noso lateral que o cubria, xa que no lugar de despexalo de cabeza, deixouno pasar crendo que non tiña a nadie tras él.
Pero o noso equipo non se veu abaixo, e nunha contra na que despexa o balón Tarrio ( Sergio min. 70), controlao Mejuto, que asis te a César a banda, este chega a liña de corner, e pon un pase atrás que metería o noso dianteiro Dani, entrando dende o banquillo na segunda metade, tras deixar sentado a un defensa, tras un recorte, que logo lle pegaria forte e imparable para o porteiro.
Dani tamén disporia doutra boa ocasión que se marcharia rozando o pao, tras un tido dende a frontal.
E a falta de cinco minutos para o final do partido, os locaispoñerian o empate no marcador, despois de que os nosos xogadores non deron despexado un balón colgado na área.
Ao final haberia unhos pequenos enfrentamentos cos aficionados, debido a unha falta que se produciu no campo a favor do locais.
Tralo pitido final, empate a 3-3, que os noso xogadores lle soupo a pouco, e viuse que podemos loitar polos postos altos da táboa, tras un moi mal arranque de tempada.
Titulares: Anxo, Carballo, Juan, Costa, Isak, Serxio, Oro, Casares, César, Mejuto e Riki.
Tamen xogaron: Tarrio, Dani, Dieguiño e Stefan.
Mellor xogador: Oro.




Bon partido, merecestedes gañar. Dende aqui doubos todo o ánimo para que fagades unha gran tempada.
Unha aperta