Partido facil, e para disfrutar, así o mostra a nosa ampla victoria ante un equipo que estaba un posto por encima de nos.
O partido comezamolo dominando e así poñéndonos 0-2 por diante no marcador.
O primeiro sería do noso dianteiro Riki que tras unha xogada na que se entenden moi ben Mejuto e Rubén, este dalle un pase a Riki que remata a porta de xeito fácil.
O segundo tanto podemolo clasificar como un golazo, de Serxio, que tras unha xogada que comeza Oro no medio campo, asiste a Rubén cun pase espléndido en largo, que tira, e no rechace Serxio dende a frontal pegaríalle espléndidamente e meteríao por toda a escadra e imposible para o porteiro.
Ata o minuto 15 o equipo local non foi capaz de chegar a nosa área pero na primeira chegada, o noso defensor comete unha falta, que eles materializarían de tiro directo despois de petar no largueiro e de seguido na man do noso porteiro.
Pero o noso equipo non se durme, e Césas ( moi ben en todo o partido) colle un balón no medio do campo e chega ata a linea de fondo despois de recortar a catro xogadores e deixando a outro na banda, este asiste a Oro que chega moi ben, e cun movemento moi bo, tira raso e faría o 1-3.
Antes do descanso outro pequeno erro no medio do campo, que confunde os nosos centrais, aproveitao o dianteiro rival para facer o 2-3, co que se iría o descanso.
A volta do descanso, o noso equipo deu un recital de goles. O cuarto sería outro de Riki; que marchou con dous goles para a casa, tras unha asistencia de Mejuto, Riki avanza na área e mete o gol nun tiro raso polo pao largo do porteiro.
Con este gol, que daba unha tranquilidade, facía que Jose fixera cambios e metera a Cristobal por Riki e a Casares por Mejuto.
O proximo en marcar sería César, que merecía o gol, tras o bón partido que fixo, incrible a súa velocidade pola banda.
O próximo gol sería para os locais que meterían o último cun bo tiro dende fora da área, no que o noso porteiro so puido mirar como entraba.
Despois sería Casares, que tras unha asistencia espléndida, materializa o sexto gol.
Pero inda faltaba o sétimo e definitivo tanto que sería obra de Stefan, que entrou por Rubén, que tras asistencia perfecta de Cristobal, quedaría diante do porteiro e bateríao sen problema.
Hai que resaltar tamén unha moi boa actuación de Oro no mediocampo levando o peso do equipo. E tamén unha boa defensa que axudou moito, sen quitarlle merito os dianteiros, sobre todo Riki que aproveitou con dous goles a súa titularidade.
A mancha do partido poñería Serxio, que tras un rifi-rafe cun xogador contrario por unha patada no peito, faría que Serxio lle levantara a man cun xesto amenazante, o que provocou a expulsión inmediata. E non contento con esto, insultaría o árbitro.
Despois de esto, un partido para o disfrute que fai que sumemos outros tres puntos, e poidamos ir mirando cara arriba na clasificación.
Titulares: Silva, Carballo, Isak, Juan, Costa, Serxio, Oro, Rubén, César, Mejuto e Riki.
Tamén xogaron: Cristóbal, Casares, Stefan, Joaquin( Carballido) e Stefan.
Mellor xogador: Rubén



