S.D Agolada ( juveniles)
Un día de verán ou de inverno xa non se acordan da data os creadores., ocurriuselles a idea de entre unhos amigos formar un equipiño para competir nunha liga, propuxéronllo o encargado de deportes e como este os apoiou creouse o primeiro equipo de xuvenis de Agolada e con este formábase o primeiro equipo de de xóves con moita calidade neste equipo coa intención tamén pola outra vanda de facer xente para xogar no equipo que agora mesmo está en 3ª rexional e esperando a subir.
Así foi a historia de como se creou o S.D Agolada de xuveniles.
S.D AGOLADA
TALLERES VENTOSA (AGOLADA)
No inverno do ano 2004, dous amigos da localidade deciden reunirse pa crear o equipo de Fútbol de Veteranos de Agolada. A finalidade coa que se creou o equipo era a de “ocupar” as aburridas tardes dos sábados facendo deporte e que a xente do pobo se involucrara nunha actividade que os reunia, fomentando así a amistade de grupo, e un acercamento entre moitos deles que non se vían dende as épocas do colexio.
Os fundadores do equipo foron Alberto Vilariño (Torreiro) e Santiago Méndez que foi o primeiro patrocinador do equipo. Ambos constitúen a directiva e crean o equipo pa participar na liga de Veteranos de Santiago do ano 2005.
A primeira temporada 05/06 non foi das mellares a nivel deportivo, pero era o de menos. O importante era coller experiencia en canto o número de partidos (xa que a maioría non xogaran o fútbol de forma habitual) e crear un bloque que fose tendo experiencia na categoría. Debutouse na Terceira División de Veteranos da comarca de Santiago o dís 16/09/2004 contra o equipo da Lamela e finalizouse a liga na 10ª posición.
A segunda temporada foi algo mellor. A maior experiencia collida a tempada pasada e a maior preparación xunto a incorporación de mais xogadores, foron pa finalizar a tempada nunha 3ª merecida posición. O ascenso da categoría conseguido a final de ano, e oxetivo, foi un éxito a nivel deportivo e local porque inda nunca se vivira un acontecemento deste tipo no poba, e celebrouse recorrendo as ruas do pobo (Agolada) nun camión “decapotable” propiedade de Casa Oscar con charanga incluida.
A terceira tempada comeza con cambios. O equipo cambia de patrocinadores e pasa a chamarse TALLERES VENTOSA- VETERANOS AGOLADA e algúns dos xogadores que empezaran a andadura deciden deixalo. Vólvese incorporar savia nova o equipo pa reforzalo debido as ausencias, e de novo, o oxetivo pasa polo ascenso de categoría. Eate vólvese conseguir con algún ca outro apuro o final, pero gracias a renta de puntos logrados o principio da tempada lógrase o oxetivo e acábase a tempada na segunda posición
A cuarta e presente tempada (08/09), está inda por ver. O bloque reforzouse únicamente con dous xogadores e polo momento apunta moi ben. O oxetivo final, está no ascenso, pero queda moita tela por cortar. A pesar de todo, o equipo busca o devertimento e disfrutar do post- partido.
A directiva traballa para dar se é necesario algun retoque a este equipo e sempre que se atope o nivel actual pa conseguir o terceiro ascenso consecutivo de categoría.




Hola, chicos, es la primera vez que entro en vuestro blog, me gusta espero que sigais trabajando así y que no perdais la ilusion, yo seguire ahi intentando ayudar un poquito en lo que se pueda.
ANIMO!!!!María (Delegada)
I highly enjoyed reading this article, keep up creating such interesting posts!