Seguimos polo bon camiño, e oxalá sigamos un montón de tempo, esta vez con outra victoria que nos permite ascender un posto, xa que era un rival directo.
No comezo do partido, como de costume, empezamos tendo nos o balón, e creando claras ocasións de gol.
Pero o gol non chegaría ata polo minuto 28, que tras unha xogada de César pola banda que este intenta internarse na área, sería derribado polo lateral contrario.
Este penalti materializaríao Mejuto, cunha dedicación especial a seu avó, xa que facia un ano da súa morte.
O noso equipo seguiría creando ocasións, pero os visitantes tamén terían algunha ocasión clara, que entre a nosa defensa e o porteiro (Silva) conseguiron evitar. Ainda así oo noso equipo tamén gozaría de claras ocasións.
A sequnda metade, foi moi dura a canto faltas se refire, e que acabou cunhas cantas tarxetas e un expulsado pola parte dos visitantes, o que fixo poñer o colexiado moi nervioso, ata o punto de ameazar con suspender o partido.
Pero ainda así, o noso equipo poñería o 2-0 no marcador.
Este tanto marcouno Rubén, esta vez xogando de interior, que tras unha xogada que arranca no medio do campo, hai que salientar unha xogada que arranca no medio do campo, salientar a actuación de Serxio e Oro no partido, que lle da un balón a Casares, este a César que asiste a Rubén para que puxera o 2-0. Casares entraría anteriormente por Mejuto no min. 15.
Antes destas ocasións o noso equipo tería outras boas ocasións nas botas doutros xogadores, sobre todo de Mejuto que erra inconscientemente ocasións claras de gol.
Mais tarde chegaría o gol da tranquilidade, esta vez por parte de Costa, que materializa un penalti feito a Casares, que o metería sen problema, e sumaría o seu 4º gol o casilleiro persoal.
Chegando o final do partido, os visitantes marcarían o gol da honra, outra vez de penalti, que esta vez fixo o noso xogador Stefan ( César min 35)
O final do partido, calro resultado a favor, que nos dá moito ánimo para sair dos últimos postos.
Titulares: Silva, Juan, Costa, Tarrio, Isak, Oro, Serxio, César, Rubén, Mejuto e Cristóbal.
Tamén xogaron: Casares, Riki, Stefan e Dieguiño.
Mellor xogador: Isak